Vilagarcía conmemora o 500 aniversario da Reforma Protestante

Vilagarcía celebra o 500 aniversario da Reforma Protestante durante a semana do 22 ao 27 de maio.

A inauguración da exposición de Biblias será o acto de apertura en Vilagarcía para a conmemoración do 500 aniversario da Reforma. Unha conferencia sobre as orixes da Reforma Protestante e un concerto tamén formarán parte desta celebración.

O Centro Bíblico de Vilagarcía, sito na Avda. Moreira Casal número 5, será a sede que acollerá a exposición de Biblias ao longo da semana do 22 ao 27 de maio do 2017 . A inauguración desta exposición terá lugar o vindeiro luns 22 de maio de 2017 ás 19:00 horas. Está exposición conta cunha valiosa e extensa colección histórica de Biblias antigas, códices, facsímiles, primeiras traducións e impresións e outros exemplares bíblicos de inestimable valor cultural.

A conferencia que se impartirá baixo o título: “A orixe e fundamento da Reforma Protestante” correrá a cargo do teólogo Heber Torres e terá lugar o xoves 25 de maio pola tarde na sala de Conferencias do Auditorio de Vilagarcía ás 20:00 horas.

O peche da conmemoración terá lugar o sábado, 27 de maio co acto de clausura da exposición de Biblias e en sesión de tarde coa actuación dun concerto de Coro e Orquestra do 500 aniversario da Reforma, composto por 120 voces e músicos de diversas Igrexas Evanxélicas de Galicia. A actuación comeza ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Vilagarcía.

En todas as actividades a entrada será libre e de balde.