O presidente da Xunta de Galicia recibe á comunidade evanxélica en San Caetano

O presidente da Xunta de Galicia recibe á comunidade evanxélica con motivo do quinto centenario da Reforma Protestante.

Na audiencia o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela recibiu no despacho presidencial de San Caetano a representantes do Consello Evanxélico de Galicia con motivo da conmemoración do quinto centenario da Reforma Protestante, o cal, se ven celebrando ao longo do ano 2017 en varias cidades da Comuniade Autónoma Galega, así como así como no restos das comunidades autónomas de España.

Neste encontro os representantes das Igrexas Evanxélicas en Galicia presentáronlle ao máximo responsable da administración galega o balance de actividades levadas a cabo co motivo deste aniversario. Entre outras cabe destacar unha exposición itinerante de “Biblias da Reforma”, que conta con máis de 100 exemplares dunha colección histórica de Biblias antigas, códices, primeiras traducións, etc., un concerto de Coro e Orquestra do 500 Aniversario da Reforma,  composto por 120 voces de músicos de diversas Igrexas Evanxélicas de Galicia o cal  actuou en 9 cidades galegas. Ademais organizáronse un importante número de conferencias tales como “A orixe e o fundamento da Reforma”, “Reforma e contrarreforma en Galicia”,“A  Revolución de Lutero”, “A Reforma protestante, a súa necesidade e o seu impacto no mundo” e “A convicción dos reformadores” entre outras.

Pola súa banda, o dirixente da Comunidade Autónoma Galega enxalzou o labor social que realiza a comunidade evanxélica, en especial, no que atinxe ao apoio ás persoas e familias con menos recursos ou en risco de exclusión. Neste sentido, apuntou que “a loita contra a pobreza, a marxinación e as desigualdades continúe sendo un obxectivo prioritario para as políticas sociais en Galicia e que debe ser compartido polo conxunto da sociedade”.

Os representantes evanxélicos que asistiron a este encontro foron, o presidente do Consello Evanxélico de Galicia, Jonathan Bernad Ontiveros; o pastor de Buenas Noticias en Lugo e presidente da Alianza Evanxélica Española, Marcos Zapata; o secretario executivo do Consello Evanxélico de Galicia, Germán Collazo e o coordinador dos actos do 500Reforma en Galicia,Julio Torres.