Marín 500 Aniversario

Marín 500 Aniversario del 20 al 25 de Marzo 2017

O arranque dos eventos  para o 500 aniversario en Galicia iniciase en Marín. O pasado 20 de marzo de 2017, no municipio de Marín tivo lugar o inicio dos eventos programados en Galicia para a celebración dos 500 anos da Reforma Protestante. A actividade foi organizada pola Igrexa Evangélica de Marín, quen programou este primeiro encontro no Museo Manuel Torres.

Na xornada de mañá,  concretamente á unha de tarde tivo lugar o acto central do 500 aniversario no cal se celebrou a primeira inauguración ao público cunha exposición de carácter itinerante de Biblias.

Ademais co arranque do programa en Marín tiveron lugar outras actividades diferentes entre as cales destacamos:

  • Día 21 de marzo, tivo lugar a proxección da película “Lutero” ás 20:30 horas no Museo Torres.      
  • Día 22 de marzo, conferencia baixo o título “Orixe e fundamento da Reforma Protestante”, por Heber Torres, no Museo Torres.
  • Día 23 de marzo, conferencia a cargo de Jaime Fernández, sobre “A revolución de Lutero” ás 20:30 horas, no Museo Torres.
  • Día 24 de marzo. Lectura da Biblia no Museo Torres pola tarde e programación infantil ás 18:00 horas no Multiusos.