Marcha pola Igrexa Perseguida na Coruña como evento de ESPAÑA ORAMOS POR TI 2018

O  Consello  Evanxélico de Galicia (CEG) en colaboración coa Comisión Executiva en Galicia do proxecto ESPAÑA ORAMOS POR TI 2018, organizaron varios eventos de celebración con motivo do programa de actividades do Día nacional de oración incluído no proxecto anual España Oramos por ti, www.espanaoramosporti.es, e en facebook,  Galicia oramos por ti. Un dos eventos foi unha marcha na cidade da Coruña.

O sábado, 9 de xuño pola tarde ás 17:00 horas, tal e como estaba previsto tivo lugar a marcha na Coruña. O arranque da marcha comezou na Praza de Ourense e finalizou na Praza de María Pita coa lectura dun manifesto. Máis de mil persoas participaron neste evento a pesar das malas condicións climatolóxicas con frecuentes ballóns e baixas temperaturas inusuais nesta época do ano.  

Con esta marcha, baixo o lema “En defensa da igrexa perseguida, non máis mortes pola fe”, pretendeuse  poñer voz aos que son asasinados polas súas crenzas relixiosas en varios países do mundo na actualidade.



O  Consello  Evanxélico de Galicia e  a Comisión Executiva en Galicia do proxecto ESPAÑA ORAMOS POR TI 2018, agradecen a todos e  a todas os/as que apoiaron coa súa presenza esta macha a pesar das desagradables condicións meteorolóxicas.

O festival programado con varias actuacións na Chaira do Parrote por causas climatolóxicas tivo que suspenderse.