Encontro aberto á cidadanía por Nadal na Coruña

O presidente do Consello Evanxélico de Galicia (CEG), Antonio Pazos asistiu ao encontro aberto á cidadanía, que se celebrou no Palacio de María Pita, sede do Concello da Coruña, o cal tivo lugar o pasado venres, 30 de decembro de 2016. Así mesmo, tamén asistiu en representación de CEG, acompañando ao presidente, o representante denominacional de Asembleas de Deus, José Luis Zapata.

Este acto, contou cun importante número de veciños da Coruña, ademais de con representantes das entidades sociais, económicas e deportivas da cidade.

Durante o discurso deste evento o alcalde da coruña apelou ao entendemento de fronte ao próximo ano “non deixaremos de seguir tentando abrir vías de diálogo e acordo, o sectarismo non forma parte do noso vocabulario”. Pola súa banda o presidente do CEG, Antonio Pazos destacou que “foi unha agradable sorpresa nestas festas do Nadal tan sinaladas, escoitar na sede deste Concello unhas panxoliñas cristiás nestas xornadas de encontro aberto coa cidadanía”.

Coro que entonou panxoliñas do Nadal 2016 no Concello da Coruña.
Coro que entonou panxoliñas do Nadal 2016 no Concello da Coruña.

O Consello Evanxélico de Galicia como representante recoñecido por parte das Administracións Públicas seguirá traballando na apertura de vías de comunicación e entendemento nesta cidade da Coruña, así como en calquera outra cidade desta rexión galega.

O CEG tamén quere desexarlle a todos os que residen en Galicia que no Ano 2017 a prosperidade, a provisión e a bendición de Deus sexa sobre cada un de nós en todo aquilo que emprendamos.

Féliz 2017!
A Coruña, 4 xaneiro 2016