O Consello Evanxélico de Galicia (CEG) celebrou a I Xornada de Comunicación e Protocolo

I Jornada de Comunicación del CEG

O CEG organizou a primeira Xornada de Comunicación e Protocolo celebrada no  Concello de Teo, sito nas proximidades de Santiago de Compostela o sábado 24 de novembro de 2018.  A xornada desenvolveuse en quenda de mañá e tarde. Contou coa participación de catro relatores. Na quenda de mañá a primeira intervención baixo o título de “Comunicación, protocolo e relacións institucionais”  correu a cargo de Encarna Crujeiras, conselleira de Comunicación do CEG. No segundo relatorio, Belén Díaz, ex conselleira de Comunicación do Consello Evanxélico de Madrid falounos sobre a “Experiencia e importancia da comunicación noutro consello  evanxélico”. Pola tarde, tras o xantar ás 16:00 horas tomou a palabra, a xornalista Evangeline Ou´ Regan, quen nos ilustrou sobre a “Comunicación e relación con dous medios de comunicación”. E finalmente, a xornada do día concluíu coa intervención de Daniel  Hofkamp, director de Protestante Dixital co título “A Comunicación e o uso das redes sociais”.

I Jornada de Comunicación del CEG

Pola súa banda, a web de Protestante Dixital publicou unha crónica do evento que amplía esta información: 

http://protestantedigital.com/ciudades/45975/Lideres_evangelicos_de_Galicia_recibieron_preparacion_en_comunicacion_y_protocolo