O almorzo Institucional do proxecto Galicia oramos por ti 2019 celebrouse na Coruña

O Comité Organizador do proxecto Galicia Oramos por Ti 2019, decidiu realizar unha serie de eventos ao redor da causa social que tivo como lema “En defensa da familia, contra a violencia de xénero”.  Un destes eventos, inclúe un Almorzo Institucional de Oración que comezou ás 10:30 horas, no Hotel Áttica21 da Coruña, o sábado 8 de xuño de 2019.

O Almorzo Institucional de Oración, está pensado como un encontro entre os pastores, ministros e/ou líderes das distintas denominacións  evanxélicas e as autoridades políticas e personaxes relevantes de Galicia. Preténdese ter a oportunidade de poder conversar sobre asuntos de interese común, en semellanza aos almorzos celebrados noutras nacións e que supoñen unha manifestación da cordialidade e a cooperación entre os distintos sectores da nación.

O Almorzo Institucional de Oración desenvolveuse en dúas partes, a primeira sesión estivo presidida polo pastor  Timoteo Figueirido Woodford, de Asembleas de Irmáns da Coruña, quen deu a apertura e benvida ao almorzo para dar paso á primeira canción a cargo do grupo musical de loanza coa interpretación de Sublime graza.

 

 

A continuación unha conferencia breve a cargo de Juan Carlos Fernández, psicólogo e profesor da UDC baixo o título “En defensa da familia, contra a violencia de xénero”. 

Juan Carlos Fernández, o psicólogo e profesor da UDC, no momento da súa intervención.

Ao termo desta primeira conferencia tomaron a palabra varios invitados do ámbito político, social e cultural. O primeiro foi Jorge Álvarez Castrillón, de Coalición de Centro Democrático-Centrista de Ferrol quen agradeceu a invitación ao evento, así mesmo Mar Barcón, que ocupou ata hai pouco diferentes responsabilidades no PSOE e que segundo as súas palabras na actualidade é unha cidadá médico, nai e moi interesada nos temas de xénero.

Palabras de Mar Barcón en el desayuno.
Salúa de Jorge Álvarez Castrillón, de Coalición de Centro Democrático-Centrista de Ferrol.

 

 

 

 

 

 

Posteriormente Juan María Abalo  Catex, concelleiro do Partido Popular no Concello de Cambre lembrounos a importancia da institución local por ser a máis próxima á cidadanía.

E para concluír esta primeira parte de saúdas por parte de diferentes personalidades contouse tamén coa asistencia de Miguel Lorenzo Torres, senador pola Coruña do Partido Popular o cal se referiu nun momento da súa intervención ao exemplo bíblico de Xesús  e da súa compaixón pola muller que querían apedrar, comentando que foi o primeiro que puxo á muller no seu sitio e que iso foi un xesto revolucionario, ademais tamén expresou: “traballemos xuntos contra esa secuela e como lexislador comprométome a traballar por eses valores comúns que nos unen a todos”.

Seguidamente deuse paso á segunda conferencia breve, que correu a cargo da enfermeira, María Navaza tratando o tema “En defensa da familia, contra a violencia de xénero” desde unha perspectiva asistencia e espiritual.

Momento da conferencia a cargo da enfermeira, María Navaza.

Case ao final desta primeira parte do almorzo toma a palabra pechando o grupo de intervencións institucionais, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira quen nos mencionou que a Comunidade  Evanxélica ten un problema de visualización na sociedade actual. Santalices tamén fixo unha invitación oficial á directiva da Comunidade Evanxélica para que viñesen coñecer o Parlamento de Galicia.

Na foto, Miguel Angel Santalices, presidente del Parlamento de Galicia nun instante da súa intervención.

O acto concluíu coa entrega dunha Biblia a cada un dos invitados institucionais e dunha oración por eles a cargo do presidente do  Consello Evanxélico de Galicia, José Luis Zapata Vázquez.

                                   

A interpretación a gaita do Himno galego por Gabriel pechou a primeira parte do evento.

 

 

 A segunda parte de almorzo, foi guiada polo pastor Óscar  Cubilla, da 1º Iglesia Bautista da Coruña.

         

A apertura comezou cunha canción do grupo de loanza e a continuación a exposición da Palabra polo pastor e director do Programa Nacer de  Novo da CRTVG, Jaime Fernández Garrido.

Posteriormente houbo un tempo de oración pola familia, pola nosa nación e pola igrexa.

 

Otra información relacionada, en el siguiente enlace:

https://www.actualidadevangelica.es/index.php?option=com_content&view=article&id=11671:2019-06-10-15-56-29&catid=42:ferede