O Concerto Solidario do Coro Góspel Vida na comarca coruñesa

O concerto, que se celebrará o domingo, 9 de decembro de 2018 ás 18:00 horas no salón de actos da Universidade Laboral, sita no Concello de Culleredo, o cal pertence ao Área Metropolitana da Coruña,  terá unha duración dunha hora e vinte minutos e presentará un variado repertorio musical.

O Coro  Góspel Vida naceu no ano 2014 e realiza concertos solidarios que están deseñados para ser presentados en auditorios ou recintos ao aire libre adecuadamente preparados. Actualmente está formado por 60 voces e 10 músicos. A dirección musical corre a cargo de Tony  Recamán, recoñecido músico con anos de experiencia en dirección de coral.

A entrada é libre e gratuíta ata completar aforamento. Pídese a colaboración de 1 kg de alimentos non perecedoiros  os cales serán doados á obra social da Igrexa Evanxélica “O Camiño” da Coruña, organizadora deste evento.

Está prevista a asistencia de líderes do movemento protestante ou  evanxélico e de diversas autoridades e representantes do municipio e comarca.

Para máis información:                                                                                                                                                   Timoteo Figueirido Woodford, representante e promotor do Coro  Góspel Vida na Coruña,

Móbil 629 80 18 87.