450 persoas deron a benvida ao concerto solidario do Coro Góspel Vida

O concerto que se celebrou onte, domingo  9 de decembro de 2018 ás 18:00 horas no salón de actos das Universidade Laboral sita no Concello de Culleredo  durante unha hora e vinte minutos, presentou un variado repertorio musical.

Case medio milleiro de asistentes puideron gozar dun estilo de música diferente que o Coro  Góspel Vida nos ofreceu. Foi o primeiro concerto solidario da xira que este coro ten previsto realizar.  Pola súa banda, con acerto e bo criterio, o director Tony Recamán entre as pausas dalgunhas das cancións do repertorio, aproveitou a ocasión, para explicar á audiencia os inicios do estilo da música  góspel a través de breves relatos.

Ademais, hoxe luns 10 de decembro, algúns integrantes do Coro  Góspel Vida, teñen previsto impartir un taller sobre a “Historia e a orixe da música  Góspel” para dar a coñecer o seu significado e farano en 4 colexios ou institutos da Coruña

A dirección musical correu a cargo de Tony  Recamán, recoñecido músico con anos de experiencia en dirección de coral, formándose con algúns  dos máis importantes directores que introduciron este tipo de música en Europa, como Dan Hollingsworth,  Nancy Roncesvalles, Vandalyn Kennedy, Joakim Arenius ou Damien Sneed, entre outros.


Con todo,  Timoteo Figueirido  Woodford, representante e promotor do Coro  Góspel Vida na Coruña recalcou “a excelente acollida que tivo este evento na Comarca da Coruña  e aproveitou a ocasión para agradecer a colaboración tanto institucional como de cada unha das persoas que asistiron ao concerto”.
A entrada foi libre e gratuíta ata completar aforamento. Pediuse a colaboración de 1 kg de alimentos non perecedoiros  os cales serán doados á obra social da Igrexa Evanxélica “O Camiño” da Coruña, organizadora deste evento.

O Coro  Góspel Vida naceu no ano 2014 e realiza concertos solidarios que están deseñados para ser presentados en auditorios ou recintos ao aire libre adecuadamente preparados. Actualmente está formado por 60 voces e 10 músicos.  Constituído como Asociación Cultural a nivel autonómico, trátase do único coro góspel de Galicia pertencente á Federación Nacional de Coros Góspel de España ( FedeGóspel)

Para máis información: 

Timoteo Figueirido Woodford, representante e promotor do Coro  Góspel Vida na Coruña. 

Móbil 629 80 18 87.