A Unión Bautista do Noroeste celebra a Xuntanza 2017 en Vigo

A Unión Bautista do Noroeste (UBNO) ten previsto celebrar o evento de Xuntanza 2017 na cidade de Vigo. Baixo o lema que mostra o cartel ” A Igrexa un lugar para todas as idades” o vindeiro luns, 1 de maio de 2017, ás 10:30 horas, dará comezo o encontro na rúa Pi e Margal, nº 25, de Vigo.

Este ano contará coa participación de David Bianchi, director de Solidaris, obra social da Unión Evangélica Bautista de España. Entre das actividades programadas neste encontro temos a recollida de diferentes aparellos ou instrumentos. Esta recollida ten o propósito de axudar e colaborar nas necesidades da obra social no norte de África, para iso está previsto recoller: máquinas de coser (eléctricas), aparellos de tecnoloxía desfasados que se atopen en bo estado, teléfonos móbiles, computadores persoais, etc. Noutra orde de cousas cabería destacar a recollida de botas de auga para homes e para mulleres xa que se utilizan no traballo de campo; utensilios de cociña e enxoval; material escolar (non libros, xa que serían en francés ou árabe); sabas e mantas (non roupa de vestir)  así como comida non  perecedoira.

Ademais nesta Xuntanza 2017 e dentro do programa de actividades contarase coa participación de José Altimira e Dámaris Costa, directores de APEEN (Alianza Prol-Educación Espiritual do Neno). Así mesmo, a predicación neste evento correrá a cargo de Kike Pavón, recoñecido cantante cristián que compartirá a Palabra. Haberá tamén un tempo de encomio, tempo de comuñón e tempo de oración.
O programa  tamén inclúe nas súas actividades unha parte na cal as distintas igrexas que forman parte da UBNO mostrarán unha presentación de audiovisuais sobre as súas igrexas.