Olimpíadas Evanxélicas 2017 en Galicia edición 18ª

O Estadio Universitario do Campus de Elviña na Coruña será unha ano máis o lugar de celebración das Olimpíadas Evanxélicas de Galicia 2017. A Agrupación Deportiva Evanxélica de España é quen se encarga da organización deste encontro deportivo.

Este tipo de encontros olímpicos celébranse,  en varias comunidades autónomas (en Madrid, Barcelona…).
Para participar nas probas de atletismo será necesario estar inscritos previamente.
As idades dos nenos e nenas interesados en participar atópanse no tramo de idade entre os 4 e os 16 anos.
As probas realizaranse ao longo de toda a xornada do día sábado,  10 de xuño entre as 10:30 e as 19:00 horas. Como vén sendo habitual o encontro deportivo conclúe coa entrega de medallas e copas.