O CEG organiza unha Xornada de Comunicación e Protocolo para o 24 de novembro

O Consello Evanxélico de Galicia (CEG) organiza a I Xornada de Comunicación e Protocolo
dirixida a calquera persoa interesada en temas relacionados coa comunicación actual. A
Xornada terá lugar nas proximidades de Santiago de Compostela, o sábado 24 de novembro de
2018 no Restaurante“Los Robles”, situado na Travesía de Montouto nº 36, TEO (Santiago de
Compostela).
O programa desta I Xornada de Comunicación e Protocolo do CEG desenvolverase en sesión de
mañá e tarde. Ás 9:30 horas terá lugar a recepción e benvida para dar comezo ás 10:00 horas a
primeira intervención titulada “Comunicación, protocolo e relacións institucionais” a cargo de
Encarna Crujeiras, conselleira de Comunicación do CEG. Tras unha pausa ás 11:45, Belén Díaz,
ex conselleira de Comunicación do Consello Evanxélico de Madrid será quen non fale sobre
“Experiencia e importancia da comunicación noutro consello evanxélico”.
Pola tarde, tras o xantar ás 16:00 horas, a xornalista Evangeline O´ Regan, ilustraranos co seu
relatorio sobre a “Comunicación e a relación cos medios de comunicación”. A xornada do día
concluirá coa intervención de Daniel Hofkamp, director de Protestante Dixital co título “A
Comunicación e o uso das redes sociais”.

O prezo da inscrición, material, coffee break, comida e café de tarde é de 15 euros. Por outra
banda se non fose posible quedar ao xantar das 14:00 horas o prezo só da inscrición será de 5
euros.
Para asistir a esta xornada será requisito imprescindible cubrir e enviar o formulario de
inscrición. No caso de ter calquera dubida no momento de encher o formulario pode chamar
ao seguinte número de teléfono 619 23 53 04 en quenda de tarde a partir das 16:00 horas
antes do 19 novembro de 2018, o aforamento é limitado. O pago poderase realizar en efectivo
no mesmo día da celebración.

INSCRIBIRSE mediante o seguinte formulario de inscrición:   conselloevanxelico.org/jornadascomunicacion