500 Aniversario da Reforma na Coruña

Actos conmemorativos do 500 Aniversario da Reforma na Coruña

Para o venres, 15 de setembro ás 19:00 horas na Biblioteca pública González Garcés da Coruña. Inauguración de Exposición de Biblias: “Biblias da Reforma”, Conferencia sobre: “A convicción dos reformadores” e presentación do libro “A historia da Reforma do século XVI”.

Con motivo do 500 Aniversario da Reforma (1517-2017), a Asociación de Pastores da Igrexa Evanxélica da Coruña en colaboración con outras institucións ( Biblioteca González Garcés, Delegación da Consellería de Cultura da Coruña, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Consello Evanxélico de Galicia (CEG), Asociación Cultural Kalos e a Igrexa Evanxélica de Marín), organizou varios eventos conmemorativos na cidade da Coruña co lema Despois da tebras, a luz.

Inauguración de Exposición de Biblias: “Biblias da Reforma”
O venres, 15 de setembro ás 19:00 horas, está prevista na Biblioteca González Garcés a inauguración de exposición de Biblias baixo o título “Biblias da Reforma” na que través dunha visita guiada   por D. Julio Torres, coordinador desta exposición itinerante (expuesta en nove cidades galegas) explicará desde un punto de vista histórico cultural a valiosa colección exposta. Está exposición conta con máis de 100 exemplares dunha colección histórica de Biblias antigas, códices, primeiras traducións, etc. A duración desta exposición será de 9 días e a súa clausura terá lugar o sábado 23 de setembro ás 14:00 horas. A entrada é libre e de balde, e poderá visitarse en horario de 8:30 a 20: 30 horas de luns a venres e sábados de 10:00 a 14:00 horas.


Conferencia sobre:”A convicción dos reformadores”
Posteriormente ás 19:30 horas no salón de actos da biblioteca, dará comezo a conferencia a cargo do Doutor Luís Carballosa titulada “A convicción dos reformadores” na cal fará un breve percorrido polos 5 puntos principais da Reforma. Así mesmo, D. Timoteo Figueirido Woodford, representante do CEG e pastor na actualidade da Igrexa Evanxélica de Asembleas de Irmáns con máis de 140 anos de antigüidade na cidade da Coruña,  será quen abra este evento coa presentación da conferencia.  Ademais D. Antonio Pazos, pastor da Iglesia Evangélica Corpo de Cristo e presidente da Asociación de pastores da Coruña será o encargado de dar a bienvida nesta inauguración.

Presentación do libro “A historia da Reforma do século XVI”
A continuación e para concluír, ao finalizar a conferencia, o Doutor Carballosa, quen realizou o prólogo do libro recentemente traducido e titulado “A Historia da Reforma do século XVI” escrito polo historiador e teólogo J.H.Merle D’Aubigné hai máis de 150 anos, será quen o presente. Este libro céntrase na biografía de Lutero e a Reforma en Alemaña.

O domingo, 24 de setembro Concerto de Coro e Orquestra do 500 Aniversario da Reforma
Outra das actividades dentro do programa conmemorativo na Coruña será a actuación de Concerto do Coro e Orquestra do 500 Aniversario da Reforma o vindeiro domingo 24 de setembro de 2017 no Teatro Colón da Coruña ás 19:00 horas baixo a dirección de Emilio Lagos.



 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para máis información:
Timoteo Figueirido Woodford
Coordinador da conmemoración
do 500 Aniversario na Coruña,
móbil: 629 80 18 87

Consellería de Comunicación do CEG