Aviso Legal

Información xeral

Inscrito no Ministerio de Xustiza. Dirección Xeral de Asuntos Relixiosos nº 017657 (antes nº 4504 SE/D). Membro de FEREDE (Federación de Entidades Relixiosas Evanxélicas de España), con acordos de Cooperación co Estado Español, Ley 24/1992-BOE 272/92. Convenio Marco coa Xunta de Galicia. Diario Oficial de Galicia nº77 do 19 de Abril do 2000. C.I.F. R3600344J.

As presentes disposicións regulan o uso do servizo web que o Consello Evanxélico de Galicia (en adiante CEG) pon a disposición dos usuarios da internet.

O CEG é o titular do dominio “conselloevanxelico.org” e dos distintos elementos nel incluídos.

O contido facilitado a través de está páxina emítese con efectos simplemente informativos. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, o CEG non garante a inexistencia de erros no contido desta páxina, nin que se atope totalmente actualizado.

O CEG non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas nesta páxina con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

O CEG non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario desta páxina, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

O CEG se reserva a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Propiedade intelectual

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade do CEG. A información dispoñible nesta páxina, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información. O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización. Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño da páxina e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.

Cookies

Coa súa navegación, vostede presta o consentimento para recibir as cookies que utiliza a páginal, que en ningún caso empréganse para recoller información de carácter persoal. Son de dous tipos:

Cookies propias: son enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente polo CEG que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización da páxina por parte do usuario.

Cookies analíticas de terceiro: a páxina usa as cookies da ferramenta Google Analytics, que realiza unha medición e análise estatístico da navegación dos usuarios na web, co fin de mellorar os servizos que ofrece a páxina. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google.

Para garantir o anonimato, Google converte a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google, nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme ás condicións de prestación do servizo de Google Analytics.

Se vostede desexa denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics, preme aquí.

Lembrámoslle que deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración, ou se elimina as cookies, posto que o indicador de denegación se garda nunha cookie.

Protección de datos

De conformidade co establecido pola Lei Orgánica e o Regulamento Xeral-UE-2016/679 do Parlamento europeo e do Consello, de Protección de Datos de Carácter Persoal, aprobado o 27 de abril de 2016, o CONSELLO EVANXÉLICO DE GALICIA informa aos usuarios do seu website de que estamos obrigados a gardar segredo profesional sobre os datos persoais solicitados pola entidade mediante os formularios sitos nas súas páxinas. Esta obrigación continuará mesmo despois de finalizar a nosa relación contractual, e en ningún caso poderemos facer públicos os datos persoais dos visitantes e usuarios da web sen o seu consentimento. Os menores de 13 anos non poden prestar o seu consentimento para que unha entidade recolla e trate os seus datos persoais; só os seus representantes legais (pais ou titores) son quen pode facelo no seu nome. Estes datos serán introducidos nun ficheiro automatizado baixo a responsabilidade do administrador da web de CONSELLO EVANXÉLICO DE GALICIA, coa finalidade de poder facilitar e axilizar os servizos ofertados na web, que o usuario solicitase mediante o enchemento dun formulario. Así mesmo, CONSELLO EVANXÉLICO DE GALICIA informa da posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación do tratamento e portabilidade, por calquera medio que deixe constancia do seu envío e da súa recepción, ben á dirección sita en rúa Curros Enríquez, 43, baixo posterior, 15002, da Coruña, ben ao correo electrónico info@conselloevanxelico.org, achegando fotocopia do DNI ou documentación alternativa que acredite a súa identidade.

Mentres non nos comunique o contrario, entenderemos que os seus datos non foron modificados, que vostede se compromete a notificarnos calquera variación e que temos o consentimento para utilizalos a fin de poder xestionar e dar seguimento ao servizo solicitado por vostede.

O envío dos seus datos mediante os formularios da nosa web estará supeditado obrigatoriamente a que lea e acepte a Política de Privacidade.

Uso de linguas

A páxina web posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.

Lei aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba á páxina, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso da presente páxina os Xulgados e Tribunais da cidade da Coruña.